InicioPolíticaA oposición de Foz tumba os orzamentos

A oposición de Foz tumba os orzamentos

Os edís de FPF, PSOE e BNG votaron en contra dos presupostos presentados polo goberno local

Publicada o

- Advertisement -

A oposición de Foz tumbou no pleno os orzamentos para 2018 propostos polo goberno local. Os cinco concelleiros do PP votaron en solitario a favor dos presupostos, mentres que os edís de Foz Plataforma de Futuro (3), PSdeG (2) e BNG (2) coincidiron en manifestarse en contra do proxecto. O alcalde focego, o popular Javier Castiñeira, asegura que é “unha situación de crise” e recalca que os presupostos “respondían a unha cuestión técnica, tiñan moi pouco de política”.

Os orzamentos, cun capítulo de ingresos de 7.468.995 euros e un apartado de gastos de 7.393.583, redactáronse baixo a tutela dun plan económico financieiro que afectará ao municipio durante este ano e o próximo, ao incumprir a regra de gasto das dúas últimas anualidades, 2016 e 2017. 

o alcalde di que “é unha situación de crise” e que os restantes partidos “fan campaña”

Castiñeira argumenta que o incumprimento do gasto no 2016 “debeuse á utilización de remanente para construír o pavillón” e que no 2017 respondeu á necesidade de pagar “cerca dun millón de euros á empresa Gestagua pola sentenza desfavorable ao Concello”, unha situación da que culpou á oposición, ao negarse “a aprobar a subida da taxa pactada”.

RESIDENCIA

O rexedor critica a postura da oposición, á que acusa de “estar xa pensando na campaña e nos seus intereses políticos por riba dos dos cidadáns de Foz”. Asegura que “votar en contra dos orzamentos é facelo en contra do plan de emprego, que afecta a 20 persoas, e hipotecar a saída da residencia de maiores, posto que para que podamos sacala adiante temos que cumprir co plan económico financieiro e iso só podemos facelo con estes presupostos”, indica. Neste senso, a ONG Mensajeros de La Paz asegurou que, senón se avanzaba na creación dun novo centro de atención a maiores, podería deixar o asilo en setembro, debido á súa situación.

o rexedor acusa á fpf, psoe e bng de “hipotecar a saída” do centro de maiores

“DECEPCIONANTES” PARA O PSOE

Os PSOE de Foz resaltou que os orzamentos son “decepcionantes”. O voceiro dos socialistas, Chema Linares, asegurou que o rexedor “utilizou pretextos técnicos e eufemismos para tentar aprobar uns presupostos que non nos din nada”, asegura. Lembra que o proxecto está “condicionado polo incumprimento de gasto, pero quen o incumpre son os que gobernan”, e indica que algunhas das súas propostas, “como a ampliación da Rúa do Pilar, non foron atendidas como pedimos”.

O BNG “PERDEU A CONFIANZA”

A voceira do BNG, Lorena Seivane, asegurou que os nacionalistas “perdimos a confianza no goberno local despois de votar a favor dos orzamentos de 2016. Asumimos unha decisión arriscada que, á vista da súa mala xestión, non podemos volver tomar”, indicou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...